
Na mañá deste caluroso domingo 5 de xuño celebrábase a 42ª edición da Carreira Popular de Leiro, unha das citas consolidadas do atletismo popular ourensán que conta coa colaboración da Administración autonómica.
A proba, incluída no calendario oficial federativo e con unha distancia homologada de 10 quilómetros na súa distancia absoluta, é nunha das citas deportivas senlleiras da provincia e a nivel de toda Galicia e entre os corredores, o veterano barquense Paco Bao.

“Hoxe, con 33º non era un día para mellorar tempos, pero a 838 correuse en Leiro e a vida segue”, di o propio Bao, agradecendo que fose ás 10 da mañá xa que despois a temperatura subía ata os 42º. Como nas edicións anteriores en Leiro foi “unha carreira moi bonita e con 669 corredores, saíndo todo ben. Incluso no sorteo me tocou un estuche de viño”, conta satisfeito.
A próxima carreira, a 839, será o vindeiro 18 de xullo en Ponferrada no medio maratón “21 lunas y media”.


