Deportes

O marchador valdeorrés Mateo Valcarce, cuarto no Campionato de España Sub18

O valdeorrés Mateo Valcarce nunha competición anterior./ Foto: FGA.

 

Rozaba o bronce, pero, finalmente, non foi posible facerse co podio. O atleta valdeorrés Mateo Valcarce conseguía un meritorio cuarto posto no Campionato de España Sub18 de 5 km marcha que se celebraba na pista de atletismo Gaetà Huguet de Castellón na pasada fin de semana.

Competía o domingo 5 de xullo e entre os seus rivais tiña a tres medallistas internacionais. Aínda así, o marchador do Club Adas Cupa demostraba a súa calidade deportiva e concluía moi preto do terceiro clasificado, cun rexistro de 21.27, conseguindo MMP, fronte ao 21.26 de Jorge Ruiz (Atletismo Albacete), o terceiro clasificado.

Back to top button