CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Múltiples e variadas propostas musicais protagonizan o programa cultural do verán na Rúa

Era presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, José Vicente Solarat, que estaba acompañado pola alcaldesa da Rúa

 

O salón de plenos do Concello da Rúa acollía esta mañá a presentación das actividades do programa cultural deste verán no municipio da man do concelleiro de Cultura rues, José Vicente Solarat, que estaba acompañado pola alcaldesa, María G. Albert, que adiantaba que é un calendario de actos que abrangue case tres meses con propostas deportivas, culturais e festivas.

O edil afondaba nos contidos do programa e aludía ás diferentes propostas lecer, entre elas ás deportivas, pero principalmente ás de carácter musical, con especial protagonismo este verán. É o caso das incluídas nos actos dos próximos días, dentro das actividades da Asociación San Cristóbal, “nas que nós colaboramos no apartado musical. En concreto mañá serán dúas agrupacións musicais unha é Pepe Rivas e Los Robinson. con versións de pop rock nacional e internacional e a NBA vai animar o ritmo”. E o día 11 de xullo será o desfile do CarnaVrao.

 

 

 

Ademais, dicía Solarat, repite o Campus de baloncesto, con 40 anos de traxectoria, a partir do día 23 de xullo. Despois verán as Festas do Verán, do 31 de xullo ao 2 de agosto. “O día 31 arrancaremos con La Misión e combinaremos esa actuación coa da discoteca Aranda. O día 1 está prevista outra dobre función musical e un apartado deportivo, que é o terceiro campionato de petanca pola mañá e pola tarde, a orquestra New York que vai a combinarse con Claxon”, comentaba o concelleiro de Cultura rues.

 

 

E engadía que o día 2 de agosto rematará o torneo de tenis e actuarán unha orquestra e un grupo: Cubo e Arizona. O programa continuará o día 7 Sons Urbanos e o día 8 O Son das Estación. Xa o día 11 serán as Xornadas Internacionais de Folclore. Xa o 12 de agosto será o Día do Eclipse. “O lugar que escollemos é O Aguillón, como espazo que pode albergar a bastante xente e celebraremos esa noite do “Lume celta”, un espectáculo de circo combinado con malabares, pirotecnia, e unha actuación musical.”, comentaba o concelleiro.

 

 

Logo virá a Bacofesta, cun máximo de 12 adegas, e cun apartado musical que aposta por continuar a liña doutras edicións, pero tamén por innovar. Así, o venres 14 de agosto actuará Bicocos Band, unha banda madrileña moi consolidada no panorama nacional; o día 15 unha posta en escena moi chamativa e cunha fusión de rock duro e o día 16 teremos ao violinista Jorge Guillén”.

 

 

O programa completarase con outras propostas como as Xornadas de cine ao aire libre, que aínda non teñen data, e as Festas do San Roque, do 22 ao 24 de agosto.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button