
A Xunta de Galicia vén de anunciar, a través dunha nota de prensa, o remate dos traballos de retirada do material natural arrastrado polas riadas no pontón da estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), ao paso polo termo municipal de Viana do Bolo, en concreto en Pradocabalos.
“Nestas obras para a retirada de arrastres xunto ao regato de Regueiro da Canela, o persoal desprazado empregou maquinaria pesada, con retroexcavadoras de cadeas xiratoria de 32 toneladas, camións dumpers, cabeza tratora 4×4 con bañeira de 22 m3 e un autocargante forestal e demais vehículos de transporte de persoal”, segundo o goberno galego.
Así mesmo, indícase que “xa se xestionaron os arrastres e a materia forestal acumulada na franxa de afección de 30 metros a cada lado da estrada e, na actualidade estanse levando a cabo os traballos de recheo do trasdós da aleta esquerda augas abaixo do pontón mediante o subministro de saburra natural procedente de canteira, recheo e compactado. Os traballos continuarán coa estabilización do terreo nas inmediacións das aletas do pontón”.


