
O Concello do Barco acordaba hoxe en comisión, “a autorización excepcional da colocación de barras no exterior dos locais que así o soliciten, así como pantallas ou outros elementos audiovisuais no exterior, o vindeiro domingo día 19 de xullo, durante a final do partido de fútbol do Mundial. Todos os interesados deberán formalizar a súa solicitude no Concello do Barco, abonando o canon correspondente”.
