A localidade ruesa de Vilela está en festas. No mediodía deste xoves 16 de xullo celebraban a tradicional procesión coa imaxe da Virxe do Carme, cun percorrido por unha boa parte da aldea, que saía e remataba na capela, onde tiña lugar a eucaristía campestre presidida polo párroco, Daniel Pérez e o sacerdote xubilado, Severino Pérez.

A celebración retomarase na fin de semana, con festa e verbena o sábado 18 de xullo a cargo do grupo New Fénix a partir das 22 horas e a discomóbil Stuu xa de madrugada.
Fotos e vídeos cedidos.
