Máis alá dos colapsos e subidas de caudal en regatos e ríos, a saraibada caída con forza na tarde deste xoves 16 de xullo no Barco de Valdeorras provocaba grandes desperfectos en hortas e viñas.
Un exemplo témolo nestas imaxes grabadas por unha lectora do Periódico O Sil na súa casa, na zona do Chao, por riba do cuartel da Garda Civil, onde poden verse os destrozos así como o tamaño das pedras e a gran cantidade caída en apenas quince minutos.

