
O vindeiro 26 de xullo o cantautor Emilio Rúa presentará no Castelo do Bolo o seu novo proxecto musical “Ao vivo: espazos singulares” patrocinado por Turismo de Galicia e que está incluído no programa dos “Concertos do Xacobeo”. A súa actuación está prevista para as 12:30h.
Neste espectáculo a música de Emilio Rúa fusiónase coa riqueza patrimonial das zonas rurais, en lugares de alto valor cultural e turístico. “Unha simbiose entre a creación artística e a memoria do lugar”, en palabras do autor.
Imaxes cedidas.
