Chegaba o día. Na xornada deste sábado 25 de xullo os afeccionados ao motor desfrutaban da X edición da “Subida de la Pizarra”, sinalado un ano máis como o acontecemento deportivo destas características máis importante da comarca de La Cabrera, que reunía a preto dunha trintena de vehículos en La Baña.
Na localidade leonesa estaba o punto de saída do espectacular tramo de 8,8 quilómetros, un desnivel de 474 metros e unha pendente media do 5,3% ata preto do alto de Fonte da Cova (Pena Trevinca), no concello de Carballeda de Valdeorras, polo que ascendían os participantes nesta proba automobilística, puntuable para o Campionato de Castela e León de Montaña e tamén para o Campionato de Extremadura de Montaña.
Ao longo dos dez anos que se leva celebrano a subida organizada polo Club Deportivo Subida a Riego (CSR)/ Médula Sport, desfilaron varios dos pilotos máis importantes da especialidade. Nesta ocasión houbo varios Porsche, BMW, Citroën, Opel, ademais de monoprazas.

Tralos adestramentos e as dúas mangas de competición, a subida remataba coa entrega de premios con todos os coches no parque pechado.



Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.