DeportesTenisÚltima horaVídeos

Carlos García, campión absoluto e en veteranos +35, no XXVI Torneo de Tenis Festas da Rúa

 

Moito e moi bo ambiente se vivía nas cachas de tenis da Rúa na final do XXVI Torneo de tenis Festas da Rúa, organizado polo Concello coa colaboración do CT Rúa e Turismo de Galicia, e que se disputaba na tarde do domingo 2 de agosto, convertendo a Carlos García como campión absoluto tras derrotar a Diego Blanco por 7-6/6-4. En semifinais Carlos vencía a Manuel Fernández por 6-4/6-1 e Diego vencía a Miguel Blanco por 6-3/6-0.

 

 

Na categoría cadete mixto, o campión era Thiago Delgado que derrotaba na final a Rafael Gudiña por 2-6/6-3/10-5. En semifinais Thiago vencía a Pedro Merino por 6-1/6-3 e Rafael vencía a Enzo Cao por 6-3/6-0.

E na categoría de veteranos +35 Carlos García vencía na final a Julio López por 6-2/6-2. En semifinais Carlos derrotaba a Eloy García por 6-0/6-0 e Julio a Cristian Gil por 6-1/6-2.

 

 

Desde o Club Tenis Rúa agradecen a colaboración co torneo do Director da Axencia de Turismo de Galicia, o rués Xosé Manuel Merelles “que estivo presente na entrega de trofeos xunto co concelleiro da Rúa José Vicente Solarat”.

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button