
Durante estes días Catro Caldelas vive un tempo de festas con citas como a Romaría da Virxe das Neves na parroquia de Pedrouzos e a Romaría da Virxe da Luz na parroquia de Santa Tegra.
Romaría da Virxe das Neves en Pedrouzos
A tradición popular recolle que a Virxe se apareceu na zona dun xeito milagroso, anunciando a súa presenza cunha forte nevada o 5 de Agosto. E en resposta levantóuse a Capela da Nosa Sra. das Neves, no enclave do trazado da XVIII Vía Romana (Vía Nova), sendo dende antigo lugar de tránsito e de fe. Os veciños manteñen a tradición acompañando a Virxe en Procesión dende a fermosa Igrexa da Pousa ata a súa Capela, con cantos e música.

Romaría da Virxe da Luz na Parroquia de Santa Tegra
A Festa da Luz sigue unha tradición moi especial, que é a Danza das Cocas. Son dous xigantes, a Coca e o Coco que despexan o paso aos Bailaríns, Os Danzantes. Esta danza deixóu de bailarse durante o franquismo e foi recuperada na década do 1980, o mismo que As Cocas.
Conta a lenda que vén de México. Un home de Santa Tegra en Castro Caldelas, emigrado alí, tiña unha filla que enfermoóu da vista e que se curóu ao ser levada o Santuario da Virxe da Luz. Ao volver a Santa Tegra, o home trouxo a danza mexicana desta Virxe.

Precedida polas Cocas, cada ano a imaxe sae en procesión dende a igrexa de Santa Tegra. Despois de avanzar uns centos de metros, atópase coas oito danzantes, vestidas de branco, con faixa encarnada, banda azul e cinta na cabeza da mesma cor. Levan corbata, pois a danza estaba notros tempos reservada aos homes e, nas mans, uns arcos de mimbre decorados con papel de cores. E as Cocas e os Danzantes escenifican ante a Virxe da Luz a danza recuperada pola Asociación Castro Floxo, que cada ano colabora na celebración.
“Son dúas fermosas tradicións que se seguen conservando e que merece moito a pena ver e participar. O Castro de Caldelas é un concello moi rico en tradicións que intentamos seguir conservando porque definen o sentir dos veciños”, asegura a alcaldesa deste municipio, Sara Inés Vega, quen agradece á veciñanza a súa colaboración para “facer posible que non se perdan as raíces propias”.
Fotos e vídeo cedidos.
