CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O XI Memorial Miguel Fariñas, primeiro amigable da pretempada para o CD Barco

Enfrontarase ao Verín CF o vindeiro sábado, 8 de agosto, ás 18 horas no campo municipal de Calabagueiros

Monumento na memoria de Miguel Fariñas en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na tardiña do luns 3 de agosto, tras un par de meses de descanso, volvía rodar o balón no campo municipal de Calabagueiros co primeiro adestramento para o CD Barco de Terceira Federación.

Comezaba así unha pretempada na que o equipo barquense, con Agustín Ruíz á fronte, se preparará a fondo para a nova campaña, con numerosos amigables, fóra e tamén na casa.

O primeiro test de nivel será xa o vindeiro sábado 8 de agosto ás 18 horas, no XI Memorial Miguel Fariñas que xogará contra o Verín CF que regresaba este ano a Preferente. Unha semana despois disputará un triangular; e o 19 de agosto xogará contra a UD Ourense, recén ascendido á Primeira Federación. O 22 de agosto xogar outro triangular co Atlético Bembibre e a SD Ponferradina; e o 27 outro, nesta ocasión en casa co Auriense e o Ourense CF. O último confirmado ata o momento será co Lalín o 30 de agosto.

 

Back to top button