
Un verán máis, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras volverá contar cunha mesa no Bolo para celebrar o Día da Cuestación. Será o vindeiro 8 de agosto en horario de 11h. a 13h., aproximadamente, e instalarase fronte á oficina de Abanca nesta vila.
O Día da cuestación foi en maio pero, pero dado que o día 8 é a feira grande da localidade dende hai xa uns anos acordábase aprazala no Bolo e poñela en agosto “para que haxa máis afluencia de xente”, din dende dende a asociación.
Na mesa daranse a coñecer os diferentes servizos da asociación e tamén haberá huchas para recadar fondos.