Coa segunda Andaina Nocturna Solidaria ‘Noite de Estrelas’, un evento deportivo e solidario organizado dende a área de deportes do concello quirogués, abríase na noite do 6 de agosto o programa das Festas de Verán de Quiroga.
Entre as numerosas persoas que participaban nesta cita solidaria, a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, estaba o veterano atleta valdeorrés Paco Bao, que con ela suma xa 842 probas, “cada meta é un recordo”, asegura.

A andaina contaba con dous percorridos: un curto ou familiar de 4 km e outro máis longo, de 8 km.
Ao seu remate había música co Grupo América.
Fotos cedidas.