ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda inicia as súas festas patronais cunha concorrida cea popular

 

O campo da festa de Manzaneda convertíase, un ano máis, en escenario dunha concorrida cea popular coa que esta vila iniciaba, na noite do 7 de agosto, as súas festas patronais na honra da Virxe das Neves.

Este encontro arredor da mesa comezaba a partir das 22 horas, cun menú a base de empanada caseira, xamón cocido, churrasco mixto, viño, café e licores. Este ano o prezo da entrada era de 30 euros os adultos e 15 euros os nenos de 6 a 10 anos e gratis para os menores de 6 anos.

Ademais a cea estaba animada por unha tripla actuación musical, segundo o programa. A charanga El Tattoo abría boca, despois actuaba a orquestra Solara e de seguido Dj Tariro que poñía o broche xa de madrugada.

Fotos cedidas.

 

Back to top button