DeportesPiraguismoÚltima hora

Adrián Prada, 8º en K2 sénior, e Raúl Prada subcampión en K1 Sub23, no Descenso Internacional do Sella

 

O padexeiro valdeorrés Adrián Prada Pérez volvía vestir a equipación da selección española de piragüismo nesta fin de semana en Asturias. Competía o 8 de agosto no Descenso Internacional do río Sella en K2 sénior, a categoría raíña, xunto a Brais Sánchez, logrando unha meritoria oitava posición (cun rexistro de 1:08:47), tendo en conta o gran nivel deste multitudinario evento deportivo.

O título nesta mesma categoría lográbao o K2 de Walter Bouzán e Alberto Llera (El Sella), que entraban en meta seguidos de Miguel Llorens e Jorgensen Valdemar (SCD Ribadesella), mentres que a terceira posición correspondíalle ao barco de Adrian Boros e Tamas Erdelyi (Hungría).

Adrián Prada e Brais Sánchez tomaban a saída no posto 12, que lograban na crono do xoves dende Llovio a Ribadesella.  Facían unha moi boa saída nos postos de cabeza, pero por dúas veces tiveronn que remontar para poder situarse novamente, xa nos derradeiros 4 km, no grupo de cabeza formado por 8 K2 , no que, tras o sprint final quedaban unicamente 8.

Nesta mesma competión tamén había outros padexeiros valdeorreses que acudían representando a Galicia, era o caso do irmán de Adrián, Raúl Prada, que se proclamaba subcampión en K1 Sub23. O barquense chegaba ao sprint con outro padexeiro portugués, que finalmente foi superior a el e se proclamaba campión da proba.

 

O valdeorrés Raúl Prada no podio K1 Sub23 do Sella./ Foto: loispradaf.

 

Outros padexeiros valdeorreses tiñan previsto acudir a esta proba, segundo a listaxe feita pública pola Federación Galega de Piragüismo, era o caso de Jesús Rodríguez, en K2 veterano A xunto a José Antonio Girón, Saúl Rodríguez (RR), Hugo Rodríguez (RR), Fernando García (RR), Carlota López e Daniel Núñez (K2 mixto), Marta e Paula Paradelo (K2 muller sénior). Polo de agora non se dispón de resultados da súa participación.

Fotos: loispradaf.

 

Back to top button