EconomíaEconomíaÚltima hora

Enogastronomía, artesanía e actividades infantís, na contorna do Castelo do Bolo

 

Coa apertura do mercado ás 11 horas deste 14 de agosto na contorna da fortaleza medieval do Bolo arrancaba a cuarta edición da Feira Irmandiña deste municipio. Numerosas persoas pecorrían a mostra, na que ata oito da tarde aproximadamente poden verse, catarse e mercarse produtos gastronómicos, pero tamén de artesanía en diferentes materiais.

 

 

Preto dunha trintena de postos con produtos tradicionais da vila e da comarca, como o viño, o aceite, o mel e os embutidos, ademais de doces, licores, artesanía, cosmética… e un a cargo dos participantes no Campamento de Voluntariado Volobriga (14 mozos e mozas e 4 monitores)estarán abertos durante todo o día na praza ao lado do castelo. Numerosas persoas, moitas delas vestidas á usanza medieval, percorrían o recinto da feira xa dende a mañá.

Entre as actividades complementarias desta edición da Feira Irmandiña está unha moi interesante e entrteida de geocaching, a cargo de Adrián Garrido, promotor da Casa do Maior Agarimo do Bolo, con pistas e xogos para nenos e maiores, incluído un photocall, para facer da xornada toda unha experiencia vencellada á Idade Media.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

“O Bolo é xuntanza, hospitalidade, bo ambiente e lembranza de tempos pasados”

Back to top button