
O persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia desprazábase ao Courel esta tarde para rescatar a un deportista con lesión na cadeira. “Lesionouse na cadeira mentres practica rápel nunha zona chamada Rego de Carballido, en Folgoso do Courel. Era unlugar de acceso imposible para os equipos de emerxencias terrestres, polo que optouse por un rescate aéreo”, segundo informa o 112 Galicia.
Deste xeito, o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, a bordo do helicóptero Pesca I, recolleu o ferido e transportouno ata Vigo.
“Efectivamente, o deportista presentaba unha lesión de cadeira que lle impedía camiñar, outro dos motivos polo cal a evacuación terrestre facíase imposible. O afectado practicaba rápel en compañía doutras persoas, que avisaron do que acontecía a través do 112 Galicia”, tal e como se indica dende esta entidade, que era avisada pouco antes das catro da tarde a través dunha chamada.
A partir dese momento poñíase en marcha o operativo, no que participaron, ademais dos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES de Quiroga, axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Folgoso.