OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa como presunta autora dun delito de roubo con violencia en Ourense

O autor sorprendeu á vítima con violencia, agarrándoa do pescozo para subtraerlle os colgantes que portaba. A Autoridade Xudicial decretou o seu ingreso en prisión

 

A Policía Nacional vén de proceder á detención dunha persoa como presunta autora dun delito de roubo con violencia nunha rúa do barrio de “O Vinteún”, na cidade de Ourense.

O feito sucedía nunha rúa do citado barrio, onde unha muller atopábase camiñando pola vía pública. “Nun momento en que se para na beirarrúa, un individuo achégaselle por detrás de xeito sorpresivo, agarrándoa fortemente polo pescozo, para arrebatarlle de forma violenta as cadeas que levaba no pescozo, provocándolle coa devandita acción lesións leves. Ante os feitos, a vítima comezou a gritar e pedir axuda, sendo auxiliada por varios viandantes que ademais retiveron ao presunto autor ata a chegada da dotación policial, que procede á súa detención”, segundo informa a Policía Nacional.

Os axentes acharon oculta entre a súa roupa unha das cadeas subtraídas á vítima. Tras a tramitación das dilixencias policiais por un presunto delito de roubo con violencia, o detido foi posto ao dispor da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia en funcións de garda, que decretou o seu ingreso en prisión.

Back to top button