
Na mañá deste xoves 20 de agosto, tiña lugar un accidente en Sober no que se vía implicado un único vehículo, no que unha persoa tiña que ser excarcerada logo de sufrir unha saída de vía, tal como explican dende o 112 Galicia que tiña constancia do suceso minutos despois das 12 horas.
O alertador, implicado no accidente, indicara que “sufriran unha saída de vía e que o vehículo, con varios ocupantes que non daban saído, quedara semi envorcado no quilómetro 13 da LU-P-5903”. Con estes datos, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia solicitaban a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos e da Garda Civil de Tráfico.
“Unha vez no punto, foi preciso excarcerar a un dos implicados, mentres que outro ferido puido saír do vehículo polo seus propios medios. Ambos foron evacuados en ambulancia ata o hospital de referencia”.