Todo listo para a 6ª Edición do Descenso Popular do Sil, organizado pola Concellería de Deporte e Xuventude no marco das Festas do Cristo do Barco, que terá lugar na tarde do 12 de setembro. Desde o Concello, lémbrase que a inscrición daquelas persoas que desexen participar é obrigatoria e nominativa, é dicir, de todos os membros participantes de cada embarcación, sexa propia ou alugada.
Dita inscrición pódese facer, ata o día 10 de setembro, a través desta ligazón: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/vi-descenso-popular-do-sil, que se pode atopar na web: https://www.descensointernacionaldosil.com/
Fotos: Andrea Prada.
