ConcellosÚltima hora

Jordi Tarrés, varias veces campión do mundo de trial, visita O Castro Caldelas, terra da súa nai e avós

 

No 2021 o programa radiofónico Convivir Deportivo, dirixido por Alfonso Pardo e adicado aos deportistas de O Castro de Caldelas, “incluía a Jordi Tarrés para darme unha sorpresa (moi fermosa por certo), iniciando a miña amizade con este múltiple Campeón Mundial”, asegura a alcaldesa Sara Inés Vega, explicando que na súa intervención “Jordi incluía a gran sorpresa para a xente que non é de O Castro de Caldelas, ao revelar os seus lazos familiares directos como fillo e neto desta vila ourensá”.

O varias veces campión do mundo de trial e trial indoor que tamén recibía o Premio Alecrín ao Deporte, outorgado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña visitaba onte de novo a terra da súa nai e avós cos seus fillos, e “tiven a ocasión de charlar das súas vivencias de neno cós seus pais e familia nesta vila”, conta unha emocionada alcaldesa, asegurando que “xa entón era un gran deportista que manexaba a súa bicicleta con enorme maestría polos muros da praza do Prado”.

Jordi é “unha persoa sinxela e moi agradable”, que degustou a Bica Manteigada quedando “impresionado tanto el como a súa familia da nosa vila, que tanto cambiou dende os seus tempos de rapaz; e por suposto, co compromiso de volver pronto”, adianta a rexedora.

Back to top button