Co obxectivo de “garantir que todos os residentes, dondequera que vivan, teñan acceso á práctica deportiva e aos valores que representa o deporte, especialmente nos pequenos municipios rurais”, presentábase en maio a terceira edición do Programa de Fomento Deportivo 2026 da Deputación de Ourense.
Cun presupuesto de 100.000 euros para chegar aos 92 municipios da provincia ata o mes outubro, a iniciativa inclúe máis de trinta disciplinas en colaboración con clubs e federacións locais, entre as que figura o voleibol.
Na mañá deste sábado 22 de agosto, celebrábase no pavillón vello do Barco de Valdeorras, unha xornada de promoción deste deporte na que participaban 40 rapaces. 15 na primeira quenda para nenos menores de 15 anos e 25 na segunda para os maiores.
A actividade estivo organizada polo Club San Martiño de Voleibol en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello do Barco, e a Federación Galega desta disciplina deportiva.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.