Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Fitoiro (Chandrexa de Queixa)

Foto: @BrifLaza.

 

Ás 18:11h da tarde do sábado 22 de agosto iniciábase un incendio forestal na parroquia de Fitoiro, no concello de Chandrexa de Queixa. O lume quedaba estabilizado ás 21h. e dende as 4:03h. desta madrugada está estabilizado, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións, afecta a unha superficie dunhas 15 hectáreas, a meirande delas de monte raso. Na súa extinción teñen traballado ata agora 6 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 3 pas e 1 técnico, ademais de 5 helicópteros e 4 avións. Os medios aéreos actuaban ata onte á noite, despois, retirábanse.

Back to top button