
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, está estabilizado desde as 13,16 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 06,40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.