
O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto demográfico, a través da Dirección Xeral da auga, inicia as obras de finalización do saneamento do ríou Barbaña e de mellora da Edar do municipio ourensán de San Cibrao das Viñas. nas que investirá máis de 39.533.000 euros.
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miñou-Sil (CHMS), acompañado polo subdelegado do Gobierno en Ourense, Eladio Santos, e pola alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa, visitaron a zona de inicio dos traballos que comezaron esta semana coa preparación do terreo e a provisión de materiais.
O proxecto consiste na adecuación do sistema de saneamento do río Barbaña na contorna do municipio de San Cibrao e os seus polígonos industriais; para iso proxéctanse actuacións na rede de colectores existente, tanto de pluviais como de residuais, e a remodelación da estación depuradora de augas residuais.
Respecto aos colectores búscase ter unha rede separativa, de fecais e de pluviais reconectándose 156 pozos de rede unitaria á rede de fecais e 12 pozos de unitaria á de pluviais. A lonxitude dos colectores para substituír é de 2.469,08m sendo ademas necesario a substitución de 8.153,27 m de canalizacións; por outra banda, proxéctase a execución de 1.721,24 m de colector de fecais e para o cambio á rede separativa necesítase instalar 6.798,75 m de colectores novos.
No referente ao dimensionamiento e mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR), proxectáronse actuacións para conseguir un caudal medio diario de 22.140,00 m3/d e unha poboación equivalente de 77.490 habitantes-equivalentes para o seu ano horizonte.
Unha vez levadps a cabo os labores de preparación da execución das obras, os traballos comezaron esta semana, concretamente co inicio das actuacións referidas á adecuación da rede de saneamento. “O compromiso do Goberno de España queda patente nesta emblemática e necesaria obra, que suporá a mellora da calidade das augas do Barbaña; aínda que, a colaboración e implicación de todas as Administracións e a concienciación social e do tecido empresarial segue sendo clave para evitar os episodios recorrentes de contaminación ao río”, incidiu o presidente.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou que con esta intervención dáse resposta a unha demanda histórica, “unha reivindicación que o tecido produtivo e os veciños e veciñas de Ourense e San Cibrao das Viñas levan décadas trasladando e que agora se converte nunha realidade”.
“A execución destas obras demostra que o Goberno de España escoita as demandas da cidadanía e que está comprometido con Ourense, cos seus servizos básicos, coas súas empresas e cos seus municipios”, resaltou o subdelegado. Ademais, engadía que a inversión do Goberno no ciclo urbano da auga en Ourense complétase con 4,3 millóns de euros na optimización da xestión de distribución, subministración e saneamento da cidade e cos 7,6 millóns destinados ao PERTE da auga da provincia, que dixitaliza as redes para unha xestión racional e sostible.