OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense despide ao comandante xefe de Operacións da Garda Civil, que pasa á situación de reserva

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, vén de maner  un encontro co comandante xefe de Operacións da Comandancia da Garda Civil de Ourense, José Benito Fernández Santamarina, con motivo do seu paso á situación de reserva. Durante a reunión, o subdelegado trasladoulle o seu recoñecemento e agradecemento pola súa dedicación ao servizo público e pola colaboración mantida entre a Subdelegación do Goberno e a Garda Civil na provincia de Ourense. Tamén participou no encontro o secretario xeral da Subdelegación do Goberno en Ourense, Manuel Arias.

José Benito Fernández Santamarina (Verín, 1965) desenvolveu unha ampla traxectoria profesional vinculada á Garda Civil, desempeñando diferentes responsabilidades en materia de tráfico, Fiscal e Fronteiras, Operacións, Policía Xudicial e Información. Desde xaneiro de 2021 ata xullo de 2026 exerceu como comandante das Xefaturas de Operacións, Policía Xudicial e Información e de Apoio da Comandancia de Ourense, responsabilidade desde a que participou na coordinación e dirección de importantes actuacións e servizos da Garda Civil na provincia.

 

 

Foi capitán xefe da Compañía Fiscal e de Fronteiras do Porto e Aeroporto de Vigo, na Comandancia de Pontevedra, entre 2012 e 2021, así como tenente xefe do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, entre 2005 e 2012. Previamente, entre 2000 e 2005, foi alférez xefe do Destacamento de Tráfico de Verín.

Back to top button