OurenseÚltima hora

Envorca na N-120, en Nogueira de Ramuín, un camión que transportaba porcos

 

Na mañá deste luns, 31 de agosto, pouco antes do accidente na Pobra do Brollón, producíase outro accidente na N-120. Pasadas as 7:40 horas e tal como indican dende o 112 Galicia, envorcaba un camión que transportaba porcos, en Nogueira de Ramuín.

Era un particular quen alertaba ao 112 Galicia “dun camión que transportaba porcos envorcado no quilómetro 553 da N-120, á altura da Carballeira”, indicando que “o camioneiro estaba xa fóra do vehículo, ileso pero mareado”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaban a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, GES do Pereiro de Aguiar e servizos de mantemento da estrada.

O vehículo levaba uns 180 porcos, e varios deles caeron a un río, trabaallando os servizos de emerxencias na limpeza da vía.

Back to top button