
Soamente faltan dous días para o peche de inscricións (o mércores ás 23:59h.) da nova edición da carreira vertical O Sacauntos, que terá lugar o vindeiro domingo 6 de setembro.
As saídas da proba daranse a partir das 10.30h. da mañá desde a Ponte Nova de Arnado (Vilamartín) e a meta situarse no alto do Monzón. A Vertical contará cun percorrido de 4.2 km e un desnivel positivo de 1018 metros.
“Máis que unha carreira é un reto”, din os organizadores desta proba, que será ademais puntuable para o Campionato Galego de carreiras verticais.
Nestes momentos a carreira supera os 100 rexistrados, entre os que figura a atleta olímpica Julia Vaquero. Para máis información e inscricións: https://www.carreirasgalegas.com/