O espectáculo de cabaret e variedades “The Hole” tivo unha máis que exitosa estrea no Auditorio Municipal de Ourense. Segundo a organización, vendéronse xa o 80% das entradas en todos os pases até o 3 de abril, e o certo é que non quedaba ningunha butaca libre.
Pasen e vexan! Pois este cabaret improvisado no que se mesturan circo, baile, humor e moita lencería, fixo vibrar o patio de butacas do Auditorio municipal. Dende que o público entra no espazo, trasládase a eses cabarets e salas de variedades propias da zona parisina de Pigalle. Sinxeleza á vez deshinibición poderían ser as dúas palabras que definen a The Hole. Todo animado por unha mestra de cerimoñas de excepción, Cristina Medina.
Entrevista coa mestra de cerimoñas, Cristina Medina aquí .
Fotos: Carlos Asensio.