O tenista rués Diego Blanco Reboredo vén de proclamarse campión galego de veteranos na categoría de +30. Facíao no torneo celebrado no Real Aeroclub de Santiago entre o 28 de agosto e o 6 de setembro, logo de derrotar a Pablo Fernández en semifinais por 6-0/6-0 e xa na final a Marcos Mariño por 6-2/6-2.
No galego de veteranos tamén participaba despois de máis de 30 anos sen competir, “un dos fundadores do Club Tenis Rúa e ao que o tenis rués tenlle que estar moi agradecido, o gran José Manuel Nogueiro que competía na categoría de dobres +65”, explican orgullosos dende o CT Rúa.

Fotos: CT Rúa.