BaloncestoDeportesÚltima hora

O Barco pecha o circuíto de baloncesto “3×3 DepOUrense Basket”

 

Na mañá do sábado 5 de setembro celebrábase no Barco de Valdeorras a sexta e última parada do circuíto de baloncesto “3×3 DepOUrense Basket”, no que particiaban equipos de Pontevedra, Ourense e A Coruña.

Por parte do club anfitrión, o MV Barco participaron 18 equipos desde categoría benxamín ata sénior tanto masculinos como femeninos. “Foi unha buena forma de pechar o verán e dar inicio á nova tempada”, aseguran dende o club barquense que uns días antes remataba o seu campamento na Veiga.

O circuíto 3×3 de baloncesto é un torneo organizado por etapas en diferentes sedes, onde equipos de tres xogadores compiten baixo as reglas oficiais da Federación. A final do organizado pola Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto disputarase o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Fotos: MV Barco.

Back to top button