A RúaConcellosÚltima horaVídeos

José Vicente Solarat: “Quédome coa honra e a satisfacción de ter formado parte deste Concello”

O independente e membro do equipo de Goberno despedíase da corporación municipal da Rúa tras 44 anos

 

Tal e como estaba presvisto, na tardiña do luns 7 de setembro facíase efectiva a renuncia que o independente e membro do equipo de Goberno da Rúa, José Vicente Solarat López, presentaba no Concello a finais de agosto.

Tras 44 anos na política municipal, Solarat despedíase do Concello na súa última sesión plenaria, acompañado pola súa parellla, amigos e veciños, entre os que estaba Anabel Ares que será quen o substitúa como concelleira do R.U.A.

Aínda que intentou controlarse, co don de palabras que o caracteriza, José Vicente non pudo evitar emocionarse ao lembrar que entrou no Concello no ano 83 “con 26 anos e marcho con 70”. Recoñecía que a súa renuncia prodúcese “por diferentes motivos que a alcaldesa coñece ben”, agradecéndolle a súa comprensión.

 

 

Ao longo destas catro décadas pasaron moitas cousas pero Solarat asegurou que se quedaba “coa honra e a satisfacción de ter formado parte deste Concello”, dando as grazas a moita xente “especialmente aos que me acompañaron nas listas do R.U.A. e que me permitiron ser concelleiro” e pedindo “desculpas polo erros que cometín”. Antes de deixar a súa silla, e sempre dirixíndose cara á alcaldesa desexáballe “sorte, acerto e que viva A Rúa que é o que nos importa a todos”.

A alcaldesa, María G. Albert deulle as grazas por “poñerlle as cousas tan doadas”, asegurando que entendía a decisión tomada e recoñecendo que nestes tres anos foron quen de “traballar, cos nosos puntos de vista diferentes, por un obxectivo común, entendéndonos á hora de tomar decisións cruciais”. O voceiro do PP, Álvaro Fernández agardaba que a renunica “non sexa por un problema persoal físico”; e a do PSdeG-PSOE, Ana F. Vizcaya recoñecía que se levan moi ben, “tivemos unha conexión especial que agradezo porque é difícil cando as ideas políticas son distintas”.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button