OurenseÚltima hora

Animada e divertida III edición do “Frei Canedo de Verán”, en Ourense

 

Na xornada do sábado 5 de setembro celebrábase na Ponte, en Ourense, a III edición da festa de verán organizada pola Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte, con actividades para cativos, mocidade e maiores.

O programa incluía sesión vermú, actividades infantís, xantar popular, festa da escuma, concursos de touro mecánico e de disfraces e un gran baile e festa Dj. Animada pola asociación, a veciñanza e persoas que se achegaron á celebración participaban, moitas disfrazadas para contribuír a encher o Campo da Feira de cor, imaxinación e ambiente festivo.

A programación comezaba o venres cun pasarrúas pola Ponte a cargo de Cantares da Cunha; e xa o sábado a actividade comezaba ás 12h. coa sesión vermú, dando paso a unha completa xornada de actividades que se prolongaba ata a madrugada.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button