OurenseÚltima hora

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense participará na 40ª edición do Día da Bici

 

Comeza un novo curso e os Ecovixiantes de Franciscano de Ourense, guiados polos profesores Cristina Bravo e Lalo Sánchez mobilizaron ao Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas na campaña de doazón de material escolar “Nas súas mochilas ou seu futuro” organizada por Fundación Amigos de Galicia e o Centro Comercial Ponte Vella.

 

 

Mochilas, bolígrafos, cadernos, gomas e lapis, axendas escolares e cartafoles, etc son parte do material que  conseguiron en tempo récord, xa que a campaña finalizaba o mércores 9 de setembro.

Día da Bici

 

 

Ademais, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense participará na 40ª edición do Día da Bici que se celebrará o vindeiro domingo 20 de setembro. “Os Ecovixiantes volven así ás súas orixes cando tiña o Club de Cicloturismo Dalle ao Pedal, Rapaz, fomentando a Mobilidade Sostible e Segura así como os hábitos de vida saudable”, din dende o colectivo.

Fotos cedidas.

Back to top button