OurenseÚltima hora

A Coral De Ruada de Ourense, no concerto do Bicentenario de Marcial del Adalid no Teatro Colón da Coruña

 

Na tarde do xoves 10 de setembro tiña lugar a actuación da Coral De Ruada de Ourense, no marco dos concertos organizados pola Real Academia Galega de Belas Artes para conmemorar o Bicentenario de Marcial del Adalid no Teatro Colón da Coruñ.

A parte da coral ourensá, nestes concertos, divididos en dous días e con entrada de balde ata completar aforo, tamén actuaban a Coral Polifónica de Bergantiños, a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, o Real Coro Toxos e Froles, a Coral Polifónica El Eco, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, o Coro Galego Cantigas da Terra e Coral Polifónica Follas Novas.

 

Back to top button