OurenseÚltima hora

Desarticulada unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas na provincia e noutros puntos de España

 

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, nunha operación conxunta coa Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira (AEAT) e a Brigada Provincial de Policía Xudicial (Grupo de Estupefacientes) da Policía Nacional de Ourense, desarticularon unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas.

Nas operacións foron detidas 5 persoas, 1 Ourense cidade, 1 en Seixalbo (Ourense ), 1 en Fraga (Huesca) e 2 en Valdemoro (Madrid).

As operacións PLATEVO OU e MANCUCHO, inícianse a principios de 2025 cando a as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñen coñecemento de actividades delituosas (tráfico de drogas) na provincia de Ourense.

O modus operandi desta organización criminal consistía en recoller a droga en portos, posteriormente almacenala e distribuíla polo territorio nacional, para esa distribución utilizaban vehículos con depósitos modificados (Caletas), nun deses vehículos incautáronse 36 quilos de cocaína. Na actuación foi detida unha persoa.

Durante a fase de explotación realizáronse 5 rexistros domiciliarios en Seixalbo (Ourense), Allariz (Ourense), Ourense capital, Aldea del Fresno (Madrid) e Valdemoro (Madrid) Onde se incautaron, 1 arma de fogo, e varias mochilas usadas para o transporte de droga (vía marítima).

Esta Operación dá continuidade a unha desenvolvida o pasado 30 de maio en Asturias, onde se incautaran 6,5 quilogramos de cocaína, e se detiña a dúas persoas pertencentes á organización desarticulada o día 9 de setembro de 2026, tras a materialización dunha viaxe de aprovisionamento de substancias estupefacientes a outro grupo criminal que actuaba na comunidade de Asturias, segundo a Garda Civil.

A operación está dirixida pola Sección de Instrución do Tribunal de Instancia Praza número 3 de Ourense. Os cinco detidos ingresaron en prisión.

Imaxes cedidas.

 

 

 

Back to top button