CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Pista Catro leva o seu espectáculo itinerante “Mezzo” polas rúas do Barco na apertura das Festas do Cristo 2026

 

Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ao seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como “O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo”.

 

 

Este é o argumento sobre o que xira Mezzo, un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasía, co que Pistacatro quere recuperar, por unha banda o espírito de aventura das novelas de Julio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX, que na tarde deste venres 11 de setembro chegaba ao Barco de Valdeorras.

 

 

A intervención polo paseo do Malecón, a escenografía móbil, os números circenses, os personaxes fantásticos, a música e a interacción co público (infantil pero tamén adulto), desfilaron xuntas nesta bonita fábula ambulante na apertura das Festas do Cristo 2026.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button