ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

A Festa das Pandillas do Cristo cambia de ubicación pero mantén a animación ao ritmo de El Patio de Leni

 

Cambiando de ubicación con respecto ao previsto, nun espazo natural pero lonxe da praia fluvia, a Festa das Pandillas do Cristo deste ano reunía, no mediodía deste sábado 12 de setembro, a 23 peñas (350 persoas) no parque botánico, ao final do paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras.

 

 

Cada unha cun distintivo, ían chegando. Non faltaban as clásicas Os da Beira do Sil (a máis numerosa con 52 membros), PX, VHO+, Saldoira, Coirach@s,… E despois, moitas de máis recentes creación, amigos, familias, da vila e doutros pobos da comarca cos nomes máis orixinais. Os Sintrépidos; Os frigopés; Peña de Bailarines Manu y Débora; Estrelas da praza; Me gusta-Me encanta; Bótalle grelos; Os Novos; Coirach@s; Coirachas; Cuchipanda Os-sil-enciosos; La última y nos vamos; La peña loca; Raca-Raca; Los Nasarre; Gazela; Mozos das festas (Rubiá); Veciños de Roblido; e My rural mentor (membros dunha ONG que teñen un programa de mentorizacion).

 

 

Hoxe é día de reencontros, festa, risa, bailes e ata un xantar. Todo o que inclúe a Festa das Pandillas con pinchada servida por Mantesil e a muúsica (en sesión vermú e tardeo) a cargo do grupo local El Patio de Leni que fixo bailar aos asistentes ao ritmo dos mellores temas pop en español dos anos 80 e 90.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button