Un total de 15 tripletas, menos que o ano pasado, participan na VIII edición do Torneo de Petanca Festas do Cristo que se celebra nas pistas do Chao, do Barco de Valdeorras. Xente de Nigrán, A Coruña, A Rúa, Petín e O Baco que pasan o día entre partidas, risas e bo ambiente.



Organizado polo Club Petanca Valdeorras, con parada para almorzar e tamén xantar, o campionato comezaba arredor das 9 da mañá deste sábado 12 de setembro, en plenas festas, e rematará pola tarde (con parada para xantar) coa entrega de premios para os tres primeiros e consolación. Os demais participantes levarán un obsequio.


Fotos: Mónica G. Bellver.