CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

1-2 na estrea do CD Barco en casa, en plenas Festas do Cristo, ante o Silva SD

 

Non pudo ser. O Barco de Valdeorras está en festas e nada mellor para celebralas que coa vitoria do equipo de fútbol que milita en Terceira Federación, pero non foi a tarde e acabou perdendo 1-2 ante o Silva SD no segundo partido da tempada, o primeiro en casa, disputado neste sábado 12 de setembro en Calabagueiros.

 

 

s rapaces de Agustín Ruíz, saltaban ao terreo de xogo dispostos a ratificar a vitoria que lograban na estrea da liga no Carballiño, onde vencían 0-1 ao Arenteiro, e dende logo poñíano todo da súa parte cun xogo dinámico e máis dunha ocasión que non chegaban a rematar. Así e todo eran os coruñeses os que abrían o marcador co primeiro gol no minuto 18.

 

 

Os do Barco seguíano intentando pero eran os do Silva os que volvían marcar no minuto 38, chegando ao descanso co 0-2 e descontento na bancada local ante as decisións do colexiado. De feito, xa na segunda parte do encontro, anulaba un gol a Sidivé, sendo Diego Santín quen abría o marcador par o Barco no minuto 48.  Xa non había máis goles, resolvéndose o partido co 1-2 que lle daba os puntos en xogo ao conxunto coruñés.

 

 

O CD Barco-Silva SD era un dos tres partidos da xornada adiantados, tendo que agardar ata mañá para saber a situación na que quedan na clasificación. O seguinte partido para os vermellos será de novo en casa ante o Pontenovo.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button