A Milla Urbana do Barco celebraba na tarde deste 13 de setembro unha exitosae, emocionate e intensa 38ª edición, que se iniciaba a partir das 18h. no circuíto do Paseo do Malecón do Barco.

Un dos momentos especialmente chegaba pouco antes oito da tarde, co inicio das carreiras absolutas, cun cartel de altísimo nivel. A primeira delas era a carreira feminina, na que participaban 13 atletas, algunhas das cales corrían por vez primeria esta proba. Entre elas estaba a internacional Alice Finot (Fem. Celta), recordwoman de 3.000 m obstáculos, subcampioa de Europa e cuarta nas Olimpíadas de París. Un rival de moito nivel que, amosaba no circuíto barquense a súa calidade, facéndose co título na súa estrea. Completaba o circuíto cun tempo de 00:05:07.
A segunda en chegar á meta era Lorena Martín (New Balance), cun rexistro de 00:05:13 e a terceira Rocío Garrido (Atl. San Sebastián), a ganadora da pasada edición.

Especialmente emocionante resultaba a carreira elite absoluta masculina con doce atletas na liña de saída e na que o podio se decidía nun intenso sprint final. Final, o título da Milla conquistábao, por segundo ano consecutivo, David De la Fuente (Playas de Castellón), cun tempo de 00:04:22. O subcampionato da Milla lográbao Daniel Arce (New Balance) e o terceiro posto era para Pedro Osorio (Sgp).


Estas dúas probas absolutas formaban parte do calendario de ruta da Real Federación Española de Atletismo. Esta é ademais unha das millas máis veteranas do calendario español.
Fotos e vídeos: O SIL.
En breve ampliarase información e galería fotográfica.


