OurenseÚltima hora

Unha colisión entre dous coches deixa dúas persoas feridas en Ourense

 

Pasadas as 18:30 horas deste domingo 13 de setembro o 112 Galicia tiña constancia dun accidente a través dun particular, no que “dous coches bateran no quilómetro 236 da N-525, en Ourense, deixando dúas persoas feridas”. Varios alertadores máis daban conta do acontecido nos momentos posteriores, explicando que “podía haber persoas atrapadas”.

“Algo que os servizos de emerxencias descartaron cando chegaron ao lugar, tralo que dúas persoas tiveron que ser atendidas polo persoal sanitario”, explican dende o 112, asegurando que os bombeiros encargáronse da limpeza dos restos do accidente.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local de Ourense, así como os operarios de mantemento da estrada.

Back to top button