DeportesÚltima hora

O Periódico O SIL premia, unha edición máis, aos atletas máis pequeniños da Milla do Barco

Dende hai case tres décadas vén entregando un trofeo ao primeiro neno e á primeira nena de menos de 3 anos en cruzar a liña de meta

 

A Milla Urbana do Barco non ten idade. Polo circuíto desta competición corren tanto atletas da base, como veteranos, absoluto de alto nivel e, ademais, nenos de 6 anos e menos. De feito, un dos apartados do programa que xera máis expectación é precisamente o das carreiras dos máis pequeniños que comezaban ás 19:20h. coas probas de nenos e nenas de menos de 6 e 7 anos, logo viñan os de 4 e 5, e, finalmente os de 3 anos ou menos.

 

 

É precisamente nesta última categoría, na que o Periódico O SIL leva trinta anos entregando premios. En cada edición outorga un trofeo aos ganadores máis xoves da Milla: ao primeiro neno e á primeira nena, desta volta eran Jorge e Mei.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button