
Queda pouco para que o Rúa Valdeorras FSF comece e a liga e á parte dos adestramentos para poñerse a punto, neste pretempada organizan unha xornada de portas abertas para captar posibles xogadoras a partir de 12 anos. “Vén, proba e forma parte da nosa familia”, convidan dende o club.
A cita será este venres 18 de setembro a partir das 20 horas no Pavillón Victorino Núñez da Rúa.