SanidadeÚltima hora

Catro ourensás, entre os homenaxeados polo Colexio de Ópticos Optometristas por cumprir 40 e 25 anos na profesión

Rosa Ana Vicente, optometrista afincada en Ourense con 40 anos de colexiación, explica que a profesión se abriu un oco e mellorou a súa imaxe sanitaria no campo da saúde visual

 

O Colexio Oficial de Ópticos Optometristas de Galicia celebraba este 19 de setembro en Santiago un acto de homenaxe a 4 colexiados e colexiadas que suman máis de catro décadas dedicadas á saúde visual da poboación, e a outros 40 colexiados e colexiadas que cumpren 25 anos de profesión. O acto, encabezado pola presidenta do Colexio, Esther Amaro, e toda a súa xunta de goberno, contou coa asistencia de membros das primeiras xuntas da entidade, como os presidentes de honra do Colexio Enrique Valcárcel e Eduardo Eiroa. Todos os homenaxeados recibiron un diploma honorífico en agradecemento polo seu traballo, e os máis veteranos tamén un un pin de ouro polo seu esforzo e traballo de toda unha vida dedicada á visión.

Esther Amaro destacaba o especial dun evento no que se celebra “a gratitude, o orgullo e o recoñecemento á traxectoria de profesionais que dedicaron unha parte fundamental das súas vidas para coidar en grao sumo prezado que posúe o ser humano, a súa forma de mirar o mundo. Un compromiso inquebrantable coa saúde pública”.

Ademais ofrecía unhas emotivas e orgullosas palabras para os colexiados e colexiadas que cumpriron 40 anos de profesión. “Foi toda unha vida dedicada á profesión. Vós fostes os pioneiros. Cando empezastes, o panorama era completamente distinto ao actual. Co voso esforzo diario, demostrando rigor clínico e defendendo a importancia do voso traballo en cada recuncho das nosas vilas e cidades, construístes os cimentos do que hoxe é o noso Colexio e a nosa profesión. Se as novas xeracións desfrutan hoxe do respecto social e científico que ten o óptico optometrista, é porque vós pasastes corenta anos demostrando a nosa valía con excelencia, ética e humanidade. O voso legado non está nos papeis; está nos ollos das xeracións que vos seguiron e aprendido de vós”, manifestou.

Aos colexiados que cumpriron un cuarto de século, Esther Amaro trasladoulles os seus parabéns, destacando que foron testemuñas e protagonistas dunha transformación radical na Óptica e a Optometría. “Vivistes a dixitalización dos gabinetes, a chegada de tecnoloxías diagnósticas, que antes parecían de ciencia ficción, e a consolidación definitiva da nosa figura como a primeira fronte de atención na saúde visual da sociedade. Soubestes adaptarvos, formarvos continuamente e madurar sen perder un chisco desa paixón inicial. Sodes o motor actual da nosa profesión, a ponte perfecta que une a experiencia consolidada co futuro que vén”, asegurou.

Esther Amaro reafirmou o compromiso firme do Colexio para seguir traballando e esixindo solucións ás autoridades sanitarias galegas. “Hoxe queremos alzar a voz ante unha realidade que resulta, sinxelamente, incomprensible. Resulta paradoxal e profundamente inxusto que, sendo Galicia a primeira comunidade autónoma en solicitar formalmente a incorporación da nosa profesión ao sistema público, sigamos sendo a día de hoxe a única autonomía que non ten creada a figura estatutaria do óptico optometrista na súa sanidade pública. Seguiremos insistindo”.

A óptico optometrista Rosa Ana Vicente foi un das homenaxeadas que cumpriu 40 anos de colexiación e falou en nome dos seus compañeiros máis lonxevos. Madrileña de nacemento, Rosa Ana se diplomó na primeira promoción de Óptica e Optometría na Facultade de Óptica da Universidade Complutense de Madrid, co novo plan de estudos no ano 1985. Tras traballar tres anos en diferentes establecementos sanitarios de óptica por distintas provincias españolas, chegou á cidade de Ourense onde traballou por conta allea ata abrir a súa propia óptica no ano 2000. Desde Óptica As Caldas viu como ha evolucinado a profesión nestas décadas, abríndose un oco e mellorando a súa imaxe sanitaria no campo da saúde visual. “A profesión progresou e cambiou moito en consonancia coa evolución da sociedade”, argumenta.

Ao evento, que tivo lugar no Hotel Monumento Santo Francisco de Santiago, asistiron tamén a xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña, Cristina Pérez Fernández; o deputado e secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Julio García Comesaña; a deputada do Parlamento de Galicia do BNG, Iria Carreira; o deputado do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza; o decano da Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago (USC), Carlos García Resúa; o presidente do Colexio de Ópticos Optometristas de Castela e León, Luis Ángel Merino; o presidente do Colexio de Ópticos Optometristas de Cataluña, Joaquim Grau; e a presidenta do Colexio de Ópticos Optometristas da Región de Murcia, Ester Mainar.

Listado de los homenaxeados 

 40 anos:

-Rosa Ana Vicente Delgado (Ourense)
-Mª Ángeles Mojón Fuentes (Ourense)
-Antonio F. Serrat Soto (Vigo)
-Mª Belén Rodríguez González (Vilaboa)

25 anos:

-Miguel Villaverde Juanatey (A Coruña) -Mª Teresa Núñez Torrado (Portonovo-Sanxenxo)
-Juan Carlos Vinseiro Mella (A Estrada) -Cristina Berdomás Blanco (Santiago)
-Catuxa Rivas  Fernández (Allariz) -Raquel García López (Santiago)
-Marta Basanta Fernández (Burela) -Gonzalo García Domínguez (Santiago)
-Eva María Caiño Vigo (Calo-Teo) -Dolores Blanco Ramos (Santiago)
-Aránzazu Dovale Regueira (Cambre) -Francisco Seijas Ameijide (Santiago)
-Marcos López Vigo (Ferrol) -Yolanda Pazos Rey (Santiago)
-Mª Teresa Mata Castro (Ferrol) -Manuel Pérez Taboada (Sanxenxo)
-Noemí López Paredes (A Coruña) -Santiago Xoan Mariz Balseiro (Sanxenxo)
-Susana Martínez García (A Coruña) -Ana Belén González Prieto (Sanxenxo)
-María Noemí Soto Díaz (A Coruña) -Beti Prado López (Sarria)
-Ángel Sánchez Sanjurjo (A Coruña) -Cristina Esturao Rodríguez (Touro)
-Juan José Rodríguez Graña (Narón) -José Manuel Sánchez Filgueira (Tui)
-Natalia Barro Ramil (Narón) -José Luis Rodríguez Álvarez (Vigo)
-Beatriz Leis Villaverde (Noia) -Joaquín Alonso Pérez (Vigo)
-Mª Concepción Sandá Segade (O Burgo-Culleredo) -Patricia Porrúa Refojo (Vigo)
-Marta Leiro Lores (O Grove) -Ana Belén Cortiñas Souto (Vigo)
-Ángela Pérez Rodríguez (O Porriño) -Belén González Rial (Vigo)
-Marta Bermo Olveira (A Pobra do Caramiñal) -Esther Rego Fernández (Viveiro)
-Francisco José Cantelar Varela (Pontevedra) -Cristina Rodríguez Lorenzo (Xinzo de Limia)

 

 

Back to top button