CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives estrea a tempada en casa goleando ao CF Os Chaos e lidera a clasificación

 

Dous de dous. Da mellor forma posible comezaba o CD Trives a tempada. No primeiro partido desta liga goleaba (0-12) ao Atlético Coles (faroliño vermello do grupo en Terceira Futgal); e no segungo volvía gañar por goleada, desta volta en casa, ao CF Os Chaos.

 

 

Tras unha tempada sen poder xogar no seu campo, sometido a unha importante reforma, na tarde deste domingo 20 de setembro o coxunto trivés xogaba por fin no campo municipal do Agro nunhas condicións moi favorables que axudaron a conseguir o resultado, 4-0.

 

 

O primeiro gol chegaba no minuto 12, da man de Lucas que transformaba un penalti e o segundo rozando xa o descanso, no minuto 42, obra de Aarón. Tras o paso polo vestiario os rapaces de Roberto continuaban atacando e no 47 Lucas marcaba o seu segundo tanto da tarde, poñendo o 3-0 no marcador. Unha vitoria que sentenciaba Adrián marcando o cuarto gol para o Trives no minuto 80.

 

 

Con estes resultados o CD Trives que este ano presenta moitas novidades (entre elas un equipo de fútbol 7 que comezaba a tempada onte cunha vitoria), lidera a clasificación con seis puntos e invicto.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button