A Pobra de Trives pecha hoxe as festas na honra de Nosa Señora das Dores. Faráo coa actuación da histórica Orquestra Gran Parada na rúa San Martín, pero antes, contra as seis da tarde era a Banda de Música de Boborás a que daba un concerto na praza do Pilón.
A banda era tamén a encargada de acompañar á multitudinaria procesión coa Virxe polas rúas de Trives, tras a misa que tamén cantaba.
Fotos e vídeo: O SIL.