SanidadeÚltima hora

Son do Sil e o Mago Teto actuarán na “Gran Noite Solidaria” contra o cancro, o 3 de outubro en Viana do Bolo

Son do Sil no concerto que daban en Viana o día da eclipse, en homenaxe a Pepe Seara./ Foto cedida.

 

O vindeiro sábado 3 de outubro ás 19 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Viana do Bolo, a “Gran Noite Solidaria” contra o cancro (unidos/ as pola investigación e apoio a pacientes e familiares).

Será un evento benéfico pero tamén emotivo e moi ameno, incluso máxico, que contará coa actuación en directo da agrupación musical Son do Sil e co espectáculo de ilusionismo do Mago Teto, natural de Viana. Tampouco faltarán as intervencións, a cargo do doutor Rafael López, oncólogo natural de Vilamartín de Valdeorras e de representantes da AECC de Verín e do Barco.

As entradas (donativo por asistir á actuación) custan 12 euros e poderán mercarse de forma anticipada (no Bar Dani e en Don Euro) e o mesmo día da actuación na Casa da Cultura.

 

 

Back to top button