EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A xunta directiva da CEO visita as instalacións da empresa Piscilor, en Quiroga

 

Cunha visita á empresa Piscilor, situada en Quiroga e que forma parte da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), comezaban os actos previos á visita que a directiva da Confederación Empresarial de Ourense, encabezada polo seu presidente, David Martínez, realiza neste venres 25 de setembro á comarca valdeorresa, con motivo da celebración da súa xunta directiva.

 

 

 

Acompañados por directivos de AEVA, percorrían as súas instalacións desta empresa familia, fundada en 1979, que a día de hoxe é unha das máis importantes de Galicia. A visita era guiada por Silvia López, responsable de Piscilor.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button